Tuesday 17 de September de 2024

Éxito no obradoiro co que arranca o Chanfaina lab


Enviamos unhas cantas imaxes da primeira xornada do obradoiro de interpretación que ofrece hoxe e máis pasado o actor Kevin Lorenzo. Un taller ao que asisten unha vintena de persoas para traballaren a expresión oral e corporal, a improvisación e a maneira de afrontar unha escena audiovisual.

O obradoiro de Lorenzo encádrase nas actividades formativas organizadas arredor do Chanfaina lab que se desenvolverá en San Sadurniño do 6 ao 8 de setembro. O seguinte taller terémolo os días 28 e 30 de agosto de 9:30 a 13:30h co documentalista Domingo D. Docampo, quen falará en “Sobrevivir a unha filmación” sobre a importancia da produción e planificación audiovisual, especialmente complexa cando se trata dun xénero coma o documental.

O último dos obradoiros terá lugar pasado xa o Chanfaina, os días 9 e 16 de novembro de 10 a 13:00h, conducido polo realizador Juan Lesta. O título das sesións é “Despois da rodaxe, tesoira” e nelas abordaranse as técnicas de montaxe posteriores á gravación.

Os obradoiros -igual que o resto das actividades do Chanfaina Lab- son gratuítos. Para inscribirse é necesario chamar ou enviar unha mensaxe de whatsapp ao 616 016 793, ou ben remitir un correo electrónico a cemit.sansadurnino@xunta.gal.